7.8.13

Quen somos?

DISFUNCIÓN CONTINUA TEATRO somos unha compañía de teatro amador independente da Estrada (Pontevedra). Nacemos en 2011. Xa no ano seguinte levamos aos teatros galegos Cóncavo Convexo e no verán de 2013 estreamos esta segunda montaxe no marco do festival de teatro afeccionado do Condado, Móstra(te) de Fornelos da Ribeira (Salvaterra de Miño) con moi boa acollida de público. Esta obra representouse en máis de 20 teatros de Galicia cun enorme éxito. En 2015 estrea Teimas, unha comedia que nestes momentos está en cartel canda a Eran outros tempos, ou non?
parte do elenco actual durante a preestrea de ERAN OUTROS TEMPOS, OU NON?

Compoñentes da compañía actualmente, de esquerda a dereita: Manu Mougán, Manuel Rosende, Alejandro Picallo, Natalia Carbajal, Sabela Magariños, Clara Iglesias, Jouse García (director), María Gaiteiro e María Porto.

Escena de Eran Outros Tempos ou Non? de Disfunción Continua Teatro

Foto da primeira montaxe da compañía, CÓNCAVO CONVEXO (2012)
foto de grupo do elenco e director de TEIMAS (2015)

Sem comentários:

Enviar um comentário